Arrendamiento y gestión integral de tu monte - Ence Terra

Despreocúpate, en ENCE xestionamos integramente o teu monte
Arrendamento e xestión integral do teu monte de eucalipto

Ence Terra

Despreocúpate, en ENCE xestionamos integramente o teu monte, buscando a súa maior rendibilidade.

Consorciamos e arrendamos montes a propietarios particulares e a comunidades en Galicia, Asturias, Cantabria e Portugal. Dispoñemos de distintas modalidades de pago. Escolle a opción que mellor che conveña: ingreso fixo anual, pago trala corta da madeira…

Ademais dispós dun servizo de apoio ao propietario polo que che asesoramos e axudamos a rexistrar o teu monte como sumidoiro de CO2 e xerar así un ingreso extra.

Acordos

Descobre o tipo de acordo que mellor se adapta á túa situación:

Requisitos/Condicións

¿Qué requisitos/condicións tes que cumprir para chegar a un acordo?

  • Acreditar a titularidade do terreo.
  • Que o terreo dispoña de madeira de eucalipto.
  • Dispoñer dunha superficie mínima de:
    • 2 hectáreas.
    • Varias parcelas, situadas nunha mesma zona, que sumen polo menos 5 hectáreas.

Se cumpres todos os requisitos podes contactar connosco a través do teléfono 900 100 750, ou enviando un email a cuidamostumonte@ence.es

Beneficios

Beneficios que obterás traballando connosco:

  • Encargámonos de toda a xestión técnica y administrativa do monte.
  • Realizamos todos os investimentos no terreo durante a duración establecida no contrato.
  • Analizamos cada caso para elixir a planta mellorada idónea para o teu terreo.
  • A nosa amplia experiencia aválanos: Empregamos as mellores prácticas silvícolas para obter unha maior produción da masa forestal.
  • Buscamos minimizar o risco de incendios mediante o control da biomasa e a conservación das infraestruturas.
  • Asegurámosche a compra da futura producción de madeira de eucalipto.
  • Promovemos as xestións e traballos necesarios para a obtención da certificación forestal.
Imagotipo Ence Terra

Descobre qué máis podemos facer por ti

Datos de Contacto

Chámanos sen compromiso e descobre como podemos axudarche

Formulario